Pomba

A. García Teixeiro
1952

O vento dorme
Pomba
Que ocorre na terra

Pomba mp3

Vive no vento,
dorme na sombra,
ten un segredo
aquela pomba.

Pomba de lume.
Pomba de amora.
Pomba de menta.
Pomba que chora.

-Dime o segredo,
pombiña, pomba,
cóntame a mágoa
que te reborda.

Óllame cansa,
óllame tola;
non abre o bico
e dáme as costas.

Entra na noite
a pobre pomba;
quero seguila,
péchame a porta.

información de contacto

A flor de tiempo, SL
c/ Girona, 120 08009 Barcelona (España)
Tf (+34) 93 457 11 18
Fax (+34) 93 458 92 53
Email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Volver arriba